domingo, 29 de mayo de 2011

Dúas receitas e media

Este sábado levanteime en modo cociña, e deume por facer pan e un postre...como o pan enredoume bastante, botei man dun postre que por aquí ten moito exito e que é moi sinxelo. Aproveitei tamén para  facer fotos do que preparei... cando vexo as fotos tan bonitas dos libros  e dos blogs de cociña sempre digo, hei probar eu tamén!

Así que aí van as miñas receitas, os resultados e as súas fotos:
Boliños de pan:

Fíxenos cunha receita de Jamie Oliver, que aprendeu do seu colega Gennaro.Os ingredientes son estes:

-Levadura (eu usei 2 cubitos da que venden envasada, pero tamén pódese comprar na panadería)

-500 gr de fariña de forza
-500 gr de fariña de sémola (non o creeredes, pero a tiña na casa, de cando o meu home dáballe por facer pasta)
-1/4 de taza de mel (ou sucre, eu usei mel)
-174 de taza de sal
-Auga tibia (a que pida a fariña, mais ou menos entre 1/2 litro  e 3/4 litro) 


O proceso  e sinxelo: 
Primeiro, medimos e pesamos os ingredentes, despois, mezclamos o mel a levadura coa metade da auga ate que quede todo disolto. Mezclanse as dúas fariña e o sal e formase un volcan sobre a mesa de traballo, cun burato no medio, por algo é un volcán e non un monte.No burato vaise vertendo o liquido co mel e a levadura disoltos e con dous (ou tres) dedos vamos dando voltas no crater ata que o líquido vaia empapando as paredes do volcán. Se queres sacarlle fotos ao choio é importante usar so unha man, porque vai haber un momento moi pegañento de aquí a un pouco.

Así a pouquiños, vaise integrando a fariña co líquido, cando rematemos o da levadura, botamos do outro, cando cheguemos ao momento pegañento é importante non deprimirse, porque de aí a nada o que parece un fiasco, vaise converter nunha masa de verdade, que xa non pega tanto. 
Hai que traballala do xeito habitual como un roliño e logo cambiar de xeito, traballandoa ben, ata poder facer un bolo redondiño, ben feitiño, que non se pegue as mans.

Ese bolo, temos que deixalo levedar, que non levitar. Eu deixeino nunha cunca de cristal, cun pano por riba, nun sitio cálido e sen correntes de aire, e esperar que a levadura faga o seu traballo. Cando está? cando vexas que da cunca sae unha especia de alien o dobre de grande  do que deixaches nela.

Neste momento, cortase a masa en porcións e volvese amasar, sen medo, quitandolle o ar, ata darlle a forma definitiva, eu fixen boliños redondos, co movemento rotatorio de muñeca que nos aprendeu meu pai e que é marca da casa.

Unha vez feitos colocanse na lata que van ir ao forno,  ben engrasada e espolvoreada de fariña, un pouco separados,e deixanse reposar outro pouco. Cando crezan outro pouquiño, ala pa dentro, e apenas nuns minutos de nada xa os tés para comer. Mellor poñelos a enfriar sobre unha rexiña, para que a condensación non os ablande e a comer!

No das fotos fixen moitas, antes e despois, algunhas quedaron mellor que outras, teño moito que aprender!
Esta é a receita dun postre moi sinxelo, para facer nun plis plas e que ós meus gustalles moito:

Mus express:
Esta receita  aprendeuma unha compañeira de traballo que se chama Pilar. Os postres resultones e sinxelos son a súa especialidade (aprendeume outra con zume de limón, leite condensado e iogur grego, que teño que explicar outro día). 
Ingredentes:

-Unha tableta de chocolate para fundir (non para a taza senon para postres)
 -Un vasiño mais ou menos de nata líquida ou un cartón dos pequenos 
-Nata montada ao gusto
 -Canela ou cardamomo (opcional) dalle un toque aromático especial


Ponse a quentar a nata líquida. Cando empece facer burbullas, retirase do lume e botase o chocolate troceado e removese para que non pegue, ata que estea fundido. Deixase enfriar un pouco e péscase, si se botou, a semente de cardamomo, que xa non fai nada aí.
Cando xa non está tan quente o chocolate, botas dentro a nata montada (si a compras xa feita, en esprai por exemplo, é ultra rápido) e removes un pouco, con coidado para conservar o aire que se poda da nata montada. Cando a mezcla sexa uniforme, botase nos recipentes individuais nos que se vai servir e metea no frigo. Canto mais tempo estea, mellor estará.
Eu para servilo, dinlle este toqueciño que aprendera de mi prima Andrea, e tamén explica Jamie no seu programa: colles un coitelo grande, e unha tableta de chocolate. Pos a tableta contra tí e co coitelo perpendicular a ela vas sacandolle virutas, para adornar o mus. E moi doado e quedan chulisimas.


E por último, a miña receita propia e particular:
Cereixas en gama cromática:
A  idea veume  á mente mentres preparaba a froita para o postre: ordear as cereixas pola cor. A que queda chulo? Como receita non é gran cousa, pero a verdade e que tempo e complicación non leva...e a mín gustoume como quedaba.

3 comentarios:

maria dijo...

¡Chulísimo todo!
Con el pan no me atrevo (la última foto está genial!); la mousse te la copiaré en cuanto pueda y las cerezas ¡me encantan! Parece que este tiempo nos pone de buen humor, con ganas de hacer y probar cosas...
(Yo también soy de Jamie, no como otras que son de Jose Andrés, y no miro a nadie, Tere...)

esther dijo...

Eu son de Jamie e tamén de Julius, coas receitas de 20 minutos...a Tere parecelle facer trampa usar latas e cousas así, pero cando non tes moito tempo ¿quen vai rexeitar un bote de garbanzos xa cocidos ou un base de pizza xa feita?

maria dijo...

¡Ja, ja, ja...! ¡Totalmente de acuerdo! Además, ahora Jamie tiene un programa de recetas de 30 minutos, ¿quién se resiste?