Sigo a miña rolda de fulares feitos con teas que teño por casa. Afecioneime ao asunto e xa teño algunhas teas seleccionadas para facer algún mais. A gracia é ir maquinando un remate (ou non-remate) diferente para cada un.
Este fixeno hai moito tempo, sin mais procedemento que facerlle un simple nó a cada extremo da tea. Eso sí a tea é como unha gasa de algodón... unha caíada moi bonita. Mañán é xoves santo así que pareceume que a cor cadraba ben coa época así que ocorreuseme mostralo hoxe.
Ademais aproveitei para recortarlle un poco un dos extremos, que estaba mais longo que o outro. Corteino coas tesoiras que teño de picos un pouco en curva e quedou como si fora un caravel. Ao outro extremo nin lle toquei, sempre pareceume unha rosa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario