lunes, 11 de abril de 2011

Os luns: Apunte do natural


Onte estiven na casa dos meus pais e trouxen estas camelias. Tan pronto as colles da árbore empezan perder a súa cor branca e porse oscuras...que pouco duran. Pero tamén é bonita esa beleza murcha.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Mimadriña! como me gusta o teu blog, non pasa unha semana sen que o visite e rebusque e cada recuncho, aínda que esta sexa a primeira vez que me animo a escribir algo, (danme un pouco de reparo estes trebellos).
Que ben entendo iso de ter a casa chea de cousas a medio facer, cousas na lista de espera para seren transformadas, cousas e máis cousas estorbando...
Parabens Esther!

esther dijo...

Moitisimas gracias,non vira antes o comentario!
Eu tampouco controlo moito estes trebellos non creas,normalmente os comentarios publicanse sen mais, e outros resulta que non, que teño eu que moderalos, non sei moi ben de que depende.

Animate a comentar cando queras, os comentarios dan moito animo son como un regaliño inesperado, e mais neste blog, que ten tan poucos...