miércoles, 9 de marzo de 2011

anduriña

Onte vin unha anduriña neste mandil que fixo Vera, de Brikebrok e quedei con ganas de volver coller unha goma de borrar para grabar algo...Vexo que a miña anduriña saíume bastante diferente da do mandil, que era moi bonita, pero a fin de contas, unha é unha anduriña e a outra unha andorinha....

Esta era  a última goma de borrar extra grande de reserva que tiña na casa... hei de conseguir mais. Comproas nunha papelería que hai na zona vella, no Preguntoiro, e ata agora non atopei outras .mais grandes. Pola parte que non se ve  pon "para mis grandes errores"  e ten un corazón vermello debuxado.

Estes son o boceto inicial, parte do proceso e algunhas probas no papel, para ver si fai falla algun retoque...

8 comentarios:

Vera dijo...

A tua anduriña superou a minha andorinha ! que beleza ! gosto muito da estampa que deixa no papel !

esther dijo...

Gracias Vera...hei probar cunha tinta para tecidos sobre unha tea, a ver como queda...

vera dijo...

sobre tecido seria estupendo !

Anónimo dijo...

Mui oportuno porque as andorinhas/anduriñas están a chegar estes dias. Onte vin a primeira.

A propósito, recollido de "Vestimenta popular tradicional galega"
http://dvtg.msoutopico.es/paxina_do_termo.php?id_termo=48&letra=a
Avantal.Peza de muller feita de lenzo, pano ou picote que usan as mulleres atado á cintura, de onde pendura ata abaixo, para protexer ou adornar a frente da saia.

A palavra galego-portuguesa pra o uso tradicional, a española para o uso moderno. Acontece o mesmo con bolacha/galleta, angazo/rastrillo , carro/coche e muitas outras.

Sorry, can't help myself!

Ramón

esther dijo...

Apuntame aquí o fillo que avantal sería delantal, e eu nunca chamei delantal a un mandil...

tartaruga dijo...

Quedouche preciosa!!!

esther dijo...

gracias!

Maria dijo...

¡Ma ra vi llo sa!
He tardado en comentar porque me lío un poco con el cambio de cuentas y no tengo mucho tiempo esta temporada, pero ya tenía ganas, ya...
Para mí que esta matriz (la goma trabajada) ya es una obra de arte por sí sola...
Para tejidos... mejor escanea la imagen y... ¡serigrafíala! (hasta aquí puedo leer...)