Sego a ordenar o estudio...cada día un pouquiño... ( de burato negro a punto limpo..ese era o reto) e onte tocoulle ós caixóns...(Xa comentarei a odisea...)
Para que non enredaran moito os nenos no rebumbio que montei para ordear , puxenos a afiar lapices de cores...Entre a morea deles que temos hai uns que son moi cativos, non afían ben e son demasiado duros... (comprara un lote de 100! en alcampo, hai mil anos). Sempre estou a piques de botalos ao lixo pero sempre penso.. con esas cores tan bonitas algo podía facer algún día...
Pois onte foi o tal día, así que fixemos esta especie de ready made cos lapices de cores e as labras de afiar e o montamos nun marco deses baratos que sempre teño por casa. A cousa mais sinxela non pode ser, non hai que quentarse moito a cabeza: as labras do lapis estan pegadas sobre un folio en branco, que é o que enmarcamos. Unha vez enmarcado, pegamos os lápices entre sí con cola e logo diretamente sobre o cadro, sen mais.
Aquí está a obra no seu contexto, baixo aqueles porqiños que fixera xa hai tempo e que xa mostrei no blog
Estes eran os porquiños, feitos co cartón que sobrou da guirlanda feita co cartón de ovos que adorna a cabeceira do meu blog...(uf) a frase parece dun deses contos tradicionais infantís...
2 comentarios:
Que boa idea, isto o fago con meu fillo Adriam neste fin de semana.
unha aperta!!!
Publicar un comentario