Esta fin de semana fumos ver ós meus pais e reunimonos todos os irmáns. Meu irmán Tin estivo arranxando un pouco o taller do meu pai, onde él gustalle pasar o tempo facendo as súas cousiñas...Meu pai cada vez vai menos, anda canso, e agora usao mais o meu irmán...Contoume que desde que deixou de fumar para matar a ansiedade metese no taller de meu pai e fai mobles...ten algun ben curioso!
...Ai se poidera ter un espacio así na miña casa! ..Para mín é coma o paraiso terreal... Lémbrome cantas horiñas pasei de nena co meu pai "botandolle unha man" mentres facía as súas pequenas choiaditas como el dicía...Arranxar unha ventá que non abría ben, facer unha estanteria para os meus libros na buhardilla...pintar de aquela bonita cor verde auga as cabeceiras das camiñas da miña irmán e a miña ...co aspirador! (como raios o fixo? aquel vello Electrolux vermello que xa era da miña aboa quedou para sempre cun nebulado verde!) Aquela casiña de monecas que nos fixera, que podías entrar dentro...Sempre andaba a facer ou a arranxar algo...con el collín querencia ao olor do serrín, da pintura,...a pasar a man con suavidade logo de lixar con mimo unha boa madeira...De aproveitar as cousas para darlles novo uso... a non tirar nunca nada...cousa que a miña nai non lle gustaba nada...Este toque de síndrome de Dioxenes que temos meu irmán Tin e mais eu vennos de aí , do meu pai e daquelas tardes infinitas a carón do seu banco de carpinteiro...
Aquí deixo un par de imaxes da casa do meu irmán, a carón do taller, onde el montou o seu refuxio, o paraiso terrenal en medio da cidade.

No hay comentarios:
Publicar un comentario