Eu son mais ben dos blogues visuais, así que vou de aquí para alá donde vexo imaxes que me inspiran, pero non sempre entendo ben o que está escrito...(a cousa mellorou co traductor de google)
Hai algún tempo atopei por casualidade un blog chamado Ingthings, e decidín incorporalo ós meus lugares de inspiración (está ahí na miña barra lateral).
A autora do blog, Ingrid, propoñía (si entendín ben) unha especie de intercambio e ofrecíase a mandar por correo unha tarxeta postal a aquel que lle facilitara a súa dirección. Por certo ten un expositor de postais moi bonito... eu ando a procura dun igual hai moito tempo, pero ainda non o atopei...
O caso é que eu mandeille un email e ela deume a súa dirección e eu mandeille a miña... e hoxe tiña no correo este regaliño!
Pareceme unha boa idea esta de Ingrid, estes envios postais de "cousas pequenas"...Así que aquí queda aberto o meu ofrecemento...Se alguén está interesado nun intercambio postal destas características comigo, pode mandarme a súa dirección postal ao meu e-mail e intercambiaremos os noso cromos, esas cousas pequenas sen valor, ou de valor incalculable, segun se mire...
***
E esta é a miña última tarefa de reciclaxe, primeiro pensei en facer a Nefertiti, pero ese nariz de asa non lle iba moito, así que tirei mais polo lado tribal africano...
Aí esta colgada a máscara no carto dos nenos...E aquí parte do proceso:
No hay comentarios:
Publicar un comentario