domingo, 30 de enero de 2011

De burato negro a punto limpo (1)

Novos retos semanais!
Boto en falta o meu RETO dos sábados, cando ía  ao Rastro de RETO e mercaba algunha cousa que despois arranxaba (ou simplemente limpaba) pola semana...O sábado seguinte mostraba a cousa arranxada colocada no seu sitio e o novo RETO semanal...Ai! ...canto disfrutaba eu con aquelo....

O RETO dos sábados morreu por falta de espacio material para almacear tanta cousa... A miña aficion ao bricolaxe e ao DIY fai que garde todo tipo de  cousas... por si... , nunca se sabe..., e así teño cortizos a palas, cds por miles, teas nin te conto, pero tamén lampadas fundidas de todos os tamaños, armazóns para facer pantallas, paus e pedras de todo tipo, ramas variadas (sempre quixen facer un colgador cunha pola dunha  árbore, teño a rama, pero ainda non fixen o colgador)... Ferramentas,...teñoas de todo tipo...faltame o banco de carpinteiro, eso sí...(unha cella levantada dun que eu sei paroume os pés a tempo...)

O que non teño é orden...Nunca atopo nada e consumo cada vez mais espacio...o resto da familia xa mo bota en cara...din que son coma unha plaga.O caso é que teño varios puntos negros onde acumulo tantas cousas misturadas que logo nunca atopo nada...Unha poucas ferramentas están aquí e outras alá, os botes de pintura o mesmo...Papeis, lienzos e cartóns de aqui para alá...Máquina de coser por un lado e teas por todos....Por non falar de cintas, botóns, velcros, cordas, arames, recheos, fíos, las, e ropa vella para feltrear, para facer coxíns, para alterar ... unha locura de cousas acumuladas, todas a espera de facer aquela idea que tivera unha vez...

Así non se pode... Renuncio xa de antemano a lograr o ambente zen que tanto gosto de ver nas casas dos outros...pero  un pouquiño de orden e organización, xa é unha necesidade...

Para motivarme na miña cruzada pola orden e a organización nas miñas cousas, e coa idea de facer sitio para disfrutar da miña afición ós rastros e darlle novo xeito ás cousas  vellas...inicio esta nova serie de RETOS semanais, "de burato negro a punto limpo". Cada semana vou atacar un destes puntos negros onde metese todo e nada recuperase para convertelo nun punto limpo, organizado e luminoso., que ao final do día fagame suspirar satisfeita...
Os buratos negros que teño identificados, sen seguir unha orde especial, son:

-O lavadoiro
-O aseo pequeno da entrada
-Os armarios do pasillo
-O estudio enteiro, (que comparto con Pucho e cos nenos, non toda a culpa e miña)
-A esquina da sala onde está o moble dos caixonciños e a miña caixa de costura chea de útiles para debuxar e onde monto a máquina de coser porque teño mellor luz pola tarde (eu xa sei cal digo) 

Nestes cinco sitios teño esparramadas as miñas cousas de facer cousas.

O primeiro reto foi doble: Valeirar de trastos o aseo pequeno e organizar todo no lavadoiro. Feito!

E este e o ANTES:Así estaba antes o aseo pequeno, que quedou valeiro (mais ou menos, as botas seguen alí )

Todo esto é o que había dentro do armario e das caixas que había alí...Por certo atopei os bulbos de narcisos que envolvín en papel de periodico nunhas latas o ano pasado ... xa me olvidara, tamén os plantei. Sosa caustica... ¿para qué? de cando quixera facer xabrón?... fertilizante de plantas, testos e tratamento para mobres de madeira de xardín... pero se non teño xardín!... en fin...
Así estaba o lavadoiro...
Non poño mais fotos porque danme repelús..todo apilado no chan , de calquera xeito...


 E este é o DESPOIS:

Así quedou organizada a cousa no lavadoiro:
A esquerda a columna diríamos sucia: as patacas, (consumimos moitas...vos non? ) , os testos, pedras  e  terra para as plantas, e as cousas para botar ó lixo separadas: botellas, envases, periodicos vellos ,aceites usados.., pilas usadas, lámpada fundidas... (alá van todas... que mágoa...)

No medio o armario pechado para gardar os produtos de limpeza, tamén pinturas, barnices...a sosa caustica famosa etc...

A dereita a columna limpa (básicamente a roupa pendente de prancha, a prancha propiamente dita, o papel hixiénico, rolos de papel de cociña...)

Tamén aproveitei as lamas de ventilación para facer o colgador das basoiras e a fregona...
E ao outro lado a tabra da prancha, colgada- por fin- dun gancho, coa funda bonita que lle fixera
Ata o próximo reto!

No hay comentarios: