O 11 de xaneiro de 2010 comecei co meu proxecto "A coleccion do luns" (eu chamolle proxecto a todo), e agás nas vacación de verán e algún que outro despiste fun quen de ir apañando algunha colección todos os luns deste ano 2010. O próximo luns coido que non vou poder pasar por aquí, e hoxe estou sen cámara de fotos, que quedou esquecida na casa da miña irmá... así que pareceume boa idea facer este resume do ano de coleccións... Creo que falta algunha, pero o da orde e a organización, non é o meu forte...
No hay comentarios:
Publicar un comentario