Teño un fillo Gormitti adicto, desde ben pequerrecho ( agora ten catro anos) non pediu mais regalo que os Gormittis...Ata agora foi tirando cos monecos en todos os seus tamaños, pero xa quere mais...fortalezas rocosas e illas Gormitti, volcans e templos de Luminor...
Como Rei mago obediente que son, fun mercar unha illa Gormitti para o neno. So quedaba unha na tenda. Moi contenta pedín que me abrira a caixa para ver como era e nese mesmo instante decidín que non, que polo timo da illa Gormitti non pasaba..., Négome a comprar esa cousa fea, de pésima calidade e ademais carísima...
Pero como enfocar o asunto? Resulta relativamente sinxelo facer algo moito mellor que a famosa illa na casa, pero o tema pareceume moi arriscado... Calquera que veu algunha vez a cara de desilusión dun neno ao abrir un paquete a mañán de Reis sabe que xurou que por aí non volvía pasar....
Así que decidin darlle ao tema un enfoque direto:
-E si facemos nos a illa Gormitti?
-Siiiiii, vale!!
Sen trauma ningún... ás veces montamonos nos solos as nosas peliculas
Pois nesas andamos...Ainda non está rematado o choio, porque montar un Resort nas illas deste calibre non é cousa de un día, pero tampouco de sete ...
No hay comentarios:
Publicar un comentario