Nova fornada de coxíns feitos con camisetas vellas...Teñoas a moreas, os nenos medran e as camisetas non...
Estes dias andamos a facer " feng shui " no carto dos nenos pequenos...Refirome a facer limpeza de xoguetes e libros vellos e desaloxo xeral de trapalladas... a ver si somos quen de deixala tan limpiña e primorosa como as que saen nas revistas, cheas de luz e de vacio...teño as miñas dubidas... pero nesas ando.
Cambiei as cortiñas e fixen co colchón da cuna de Miguel que andaba roldando por aí e unha tea que atopei nunha tenda de retais un pequeno curruncho para ler.
Mañán vou rematar o regalo para Uli que está de cumpreanos o sábado, así que o feng shui vai ter que esperar...
3 comentarios:
Encántame todo!! e vouche copiar a idea do colchón de cuna, está xenial!!
biquiños e felices festas :*
esse tecido das cortinas é espectacular !
Pois sí, as cortinas compreinas en ebay xa hai tempo, sin saber si as medidas ían servir, porque me namorou o seu debuxo..pensei que si non cadraban as medidas, alo menos tiña o tecido...E xa viñan coas boliñas postas!...
Publicar un comentario