Son unha entusiasta de ebay... Sigo a ir ao rastro RETO sempre que podo (hoxe mal dia para coller o coche, co Papamovil circulando polo meu barrio...) pero cando levo mais de 10 dias sen ir, entrame o mono e entón lanzome a ebay de cabeza....
Cando digo de cabeza quero dicir, ao bestia, non me vale ebay.com nin ebay.es nin ebay.uk.co, que xa os teño de volta e media... non, busco emocións mais fortes e voi a deutchland, polland, sweden...sitios nos que non entendo absolutamente nada do que está escrito e xogo a atopar o que me interesa, e como ir de mercadillos polo mundo adiante...Tiñalle gañas a Suecia para buscar cerámica....pero sempre resistiuseme....Alí cambia un poco a cousa e ebay xa non é ebay senon Tradera, cambia sutilmente a composición da páxina e non me resulta tan doado atopar as cousas...Vou navegando cos ollos pechados dando voltas coma unha tola, sabendo que ten que haber o que busco pero sin atopalo...
O outro día o P. comentoume ...porque non pos o tradutor de Google ? Pois ben, xa está posto... Agora navego por Tradera como por augas claras, e ademais vou de gargallada en gargallada, vendo as traduccións disparatadas que vexo as veces...
Ai vai algún exemplo das cousas bonitas que atopei...do meu adorado Stig Lindberg atopei nada menos que 700 artigos, todo xuntiños...
2 comentarios:
que maravilhas encontras !
mas a expedição não é demasiado cara ?
Pois a verdade e que nunca merquei nada, de momento contentome con ver as cousas e saber que están ahí...Non sei nin a como vai a coroa sueca!...pero seguramente sexa caro, si...
Publicar un comentario