En vez de facer os debuxos para o sketchbook project, que é o que tiña que facer, estoume adicando a pintar caras de xente nas guias vellas de telefono que teño na casa (para qué conservo as guías vellas,? pois non o sei, para facer algún dia unha chorrada coma esta, ou como a de dobrar follas ).
A idea é debuxar caras de persoas diferentes, porlle rostro (inventado) ós centos de nomes que hai na guía e facer unha especie de altered book coa guía de telefonos...A min vaime mais traballar nas cosas sen valor, baratas, papeis vellos, cartóns de camiño ó lixo...non sei...¿terei algún problema psicoloxico?...
O caso é que faltou tempo para que o Val se apuntara. ó das guías vellas... (sí, incríble, tiña mais de unha). El decidiú facer animais inventados por él (penso que esta condición a meteu como garantía, pensando que nadie lle poría reparos ao resultado, si os animais son inventados)
Empezou por este, que titulou "Animal anfibio (co seu fillo)". A obra rematada inclúe unha cruceciñas vermellas que son a comida dos bichos.
O caso é que hai uns dias, faleille de participar no proxecto trócocho, (información aquí), do que me falara Amilamia neste mesmo blog pero non o vin moi entusiasmado...meteulle medo o de "expoñer" a obra... Sempre ten gañas de debuxar e pintar, pero cando sae de seu, non cando llo digo eu, como é normal.
Eu xa tiña esquecido o tema e non lle volvín comentar nada, pero agora púxose coa cousa esta da guía encantado. Está todo fachendoso co resultado do seu primeiro debuxo, así que se cadra, e si chegamos a tempo, aínda pode mandar algún debuxo, pero non o sei..non lle gusta traballar baixo presión...
Aquí estamos co tenderete montado na sala...Menos mal que é a mesa onde ceamos, e que o resto da familia nos forza a recoller cando apreta a fame...
O caso que estes dias estou debuxando moito, bocetos, ideas, cousas sen pensar, sin ton nin son, a ver que vai saindo...Cada cosa que fago non ten nada que ver coa outra...en fin: non teño un estilo propio, que se lle vai facer...Aí van algunos bocetos destes dias...
4 comentarios:
JOLIN ESTHER... QUÉ BIEN DIBUJAS.... PODÍAS RETOMAR AQUELLO QUE HABÍAS HECHO UNA TEMPORADA... QUE ERAN COMO UNOS COMICS, QUE HABÍAS HECHO PARA ALGUNA GENTE QUE SE HABÍA IDO DEL AYTO... TE ACUERDAS?? PODÍAS RETOMAR ESO... NO DIGO CON GENTE DEL AYTO (O SÍ...)PERO ERAN TAN BONITOS.... Y TAN ALEGRES....
LOS DIBUJOS DE AHORA, LOS QUE HAS PUESTO ME ENCANTAN... PERO LOS VEO "OSCUROS"... "TRISTES"... SUPONGO QUE TIENE QUE VER CON COMO TE ENCUENTRAS TÚ... POR LO QUE DICES SOBRE QUE NO ENCUENTRAS TU ESTILO... (NO SÉ ES POR DECIR ALGO...)
ÁNIMO Y A PONER MÁS!!!!!
Pois triste non estou...(creo)...para min que ten mais que ver co mal tempo...
Enhorabuena, Esther! Como sigas así, vas a hacer un sketchbook memorable; ¡que se enteren esos de Brooklyn dónde hay también estupendos artistas!
este projecto é fantástico ! é verdade que sempre pensamos no mesmo quando desfolhamos uma lista telefónica ... que caras por detrás daqueles nomes, como serão as casas onde toca o telefone ? ...
Publicar un comentario