Estou a ver si empezo cos debuxos para o Sketchbook projet pero estou bloqueada... e mirar para o caderno (moleskine) tan novo e pulidiño, que veu nada menos que desde Brooklyn, e darme un no se qué... que non podo facer nin unha liña. Así que estou a desbastar noutro caderno, xa vello, a ver si vou quentando a man....Ademais hai tanto que non debuxo que noto a man - e a cabeza- ríxida coma un pau...quero facer e non sae... pero en fin pouco a pouco vou recuperando a ansia...
Estes bocetos son así, a todo tirar, sen mais, simplemente por pasar o rato e ir probando, agora estou coa tinta azul.
Tamén estou pensando como montar o choio. Escollín o tema "I´m a scavenger", un pouco ao loco, que mesmo non estou moi certa de que signifique o que eu creo que significa...en fin...
2 comentarios:
ACABO DE DESCUBRIR O TEU BLOGUE E MIREINO DUNHA VEZ. PARABÉNS. RO
Ei...grazas... os comentarios animan moito!
Publicar un comentario