viernes, 19 de noviembre de 2010

esquechando






Estou a ver si  empezo cos debuxos para o Sketchbook projet pero estou bloqueada... e mirar para o caderno (moleskine) tan novo e pulidiño, que veu nada menos que desde Brooklyn, e darme un no se qué... que non podo  facer nin unha liña. Así que estou a desbastar noutro caderno,  xa  vello, a ver si vou quentando a man....Ademais hai tanto que non debuxo que noto a man - e a cabeza- ríxida coma un pau...quero facer e non sae... pero en fin pouco a pouco vou recuperando a ansia...

 Estes bocetos son así, a todo tirar, sen mais, simplemente por pasar o rato e ir probando, agora estou  coa tinta azul.

Tamén estou pensando como montar o choio. Escollín o tema "I´m a scavenger",  un pouco ao loco, que mesmo non estou  moi certa de que signifique o que eu creo que significa...en fin...



2 comentarios:

Anónimo dijo...

ACABO DE DESCUBRIR O TEU BLOGUE E MIREINO DUNHA VEZ. PARABÉNS. RO

esther dijo...

Ei...grazas... os comentarios animan moito!