miércoles, 10 de noviembre de 2010

chegaron o calendario e a caixiña...


O meu calendario do 2009, de Esther y su mundo, que me ragalara meu irman encantabame...No 2010 merquei un de Camilla Engman que  me gusta moito, pero como calendario resultoume un desastre..., é demasiado minimalistas na súa función calendaria, e agora eu xa non vexo tan ben como antes. Ademais os dias están  indicados coa inicial en inglés, e sempre creo que o saturday é un domingo...Heme tan pouco axeitado que xa o arrinquei da parede sen esperar a decembro,  para cortar as estampiñas e pegalas na parede, que é o que realmente quería.

Pola contra decidín deseñar un eu mesma, e nesas estaba cando atopei en flickr a cousa esa do snapfish, e a partir dunha plantilla fixen un personalizado para mín coas miñas fotos (da colección do luns......)

Este fixeno un pouco de proba para ver como quedaba, e coa idea de regalarllo a miña nai estas navidade  (sssshh)  puxen a modo de santoral o dia de nacemento de todos os netos...

A plantilla so estaba dispoñible en castelán así que montei un pouco de lío , cousas en galego e outras en castelán, pero en fin, como a vida mesma...Onte chegoume  por correo, foi ben rápido 



Tamén chegou a sewing box que merquei en ebay pola que tanto suspirara... Aí está,  xa na casa, solo que non vai ser a miña sewing box senon miña drawing box... ai que curra é !

3 comentarios:

Maria dijo...

¡Qué buena idea!

Amilamia dijo...

Olá Esther. Perdin o teu correo. Porfa, mira este proxecto, "TRÓCOCHO" que temos en Coruña na Libraría Quimbamab que estou segura de que a Valentín lle pode apetecer:
http://arteu.blogaliza.org
Bicos
Inma Doval

esther dijo...

Gracias por avisar! agora mesmo miro e cóntolle ós nenos...