Teño unha caixa chea de filtros de papel pero xa non teño a maquina de café...Non os tiro porque sempre penso que pra algo van servir... Este é o primeiro uso que lles dou, cubrir unha bombilla pelada que teño no pasillo, sempre a espera de cambiar por algo mais xeitoso, cambio que nunca teño o pulo de acometer... Na foto non se ve, pero o cable esta cuberto cunha espiral branca desas de encuadernar...mais reciclaxe non se pode pedir, penso que esto roza xa na cutrería, sen embargo, o resultado gústame...Parece unha lampariña de diseño dun xapones polo menos...
Estas flores, que vin en Desing Sponge están feitas tamén con filtros de cafe tinxidos...fixen ben en guardar os meus..., esa vai ser a proxima...
No hay comentarios:
Publicar un comentario