Que foi do RETO dos sábados?...este sábado non fun, pero o anterior sí...merquei dúas garrafas mais para completar a miña colección, unha pequena e outra de boca ancha...Teño a casa tan chea de cousas que vou adicar un tempo a arranxar o que xa teño e desfacerme do que non son capaz de facer... ala foron ao lixo cartóns de ovos baleiros, tubos de carton de papel de planos... teño a pila de mais de mil CDs vellos nun tris de cair...
Mentres, para calmar a miña necesiadde de thriftear din unha volta por ebay....Aquí van algunhas das cousas que teño en seguimento, neste caso teas para a miña colección:
Todas estas teas tiñan en común a palabra Boras Cotton Sweden que me intrigou, e indagando cheguei a Boras Wäfveri (ou algo así, faltan os circuliños eses que se poñen enriba da o). Así cheguei a coñecer que Boras é a cabeceira dunha nomeada rexión textil en suecia (sei que hai outra Boras en finlandia) e que desde 1870 hai unha empresa textil chamada Boras Wafveri ou (Boras Algodón). Estas son teas vintage desa empresa, e gostaronme moitisimo...que teñen os nórdicos para dominar dese xeito o deseño textil?
Había tamén unha porrada de teas de Marimekko, desa empresa creo que xa falei algunha vez, aí van algunhas:
No hay comentarios:
Publicar un comentario