miércoles, 8 de septiembre de 2010

Cousas con papel

 
Onte estivemos probando facer na casa unha lámpada de papel coma esta, que merquei nunha tenda hai pouco. Viña pregada, coma un acordeón en forma de V que ao se despregar formaba ese circulo perfecto...A nos, probando cun folio para entender como estaba feita, quedounos corta, ese tamaño de papel  non da para facer mais da cuarta parte do circulo. Quedamos de facela xa ben cun papel catro veces mais longo...


Hoxe cando cheguei a casa logo do traballo o Val xa tiña arranxado a cousa pola súa conta...Mamá podémola facer así e xa  non fai falla que sexa mais longa! Puxémola na nosa lampadiña de probas, e así quedou,  ben bonita!


No hay comentarios: