Esta fin de semana, entre outras moitas cousas, déuseme por customizar bandexas...Teño na casa dúas destas de melanina que eu non sei de onde foron saíndo, de un todo a cen supoño...Tiñan un deseño feo e collinlles manía...pero botalas o lixo tampouco parecíame axeitado, así que pinteinas de branco coa idea de facer un debuxo nelas.
De momento so fixen unha , a que se ve na foto, na que debuxei, cun rotulador permanente, uns peixes... A idea collina dunha bandexa que vira nun libro de edicións Paumes titulado Stockholm´s kitchens, pero por mais que busquei en internet non atopei nin o deseno nin o autor da bandexa aquila...
Pero buscando buscando, atopei todas estas outras cousas para me inspirar cando faga a segunda...
2 comentarios:
Hola! Sólo quería saludar... que compartimos nombre : ) Un abrazo
lindas !
Publicar un comentario