Para pintar a miña segunda bandexa tiña pensado inspirarme na deseñada por Marianne Westman, da que xa falara noutra entrada, pero ao final pensei, iso xa o fixo ela ...xa que vou facer un debuxo para min, mellor coller algo mais persoal, mais noso, e ocorréuseme inspirar no meu xogo de café de Sargadelos, que vexo tooodos os dias dende hai mais de 12 anos e ao que teño moito agarimo.
Con esta cafeteira na cabeza enlacei cunha idea que vira no meu amado libro Xogar creando: O papel, no que aparecían deseños feitos por contraste positivo- negativo, recortando pezas do papel e dándolles a volta, en concreto nesta páxina:
Así que, remexendo todo na cabeza , saíu isto:
Gústame como quedaron, mesmo a imperfección do trazo na cafeteira da dereita... agora estouche moi wasi-sabi...
Aquí vai para rematar, como é de rigor, a imaxe do antes e despois das dúas bandexas:
1 comentario:
lindas !!!! que mudança estética radical !
Publicar un comentario