jueves, 24 de junio de 2010

A noite de San xoán

Onte fomos ver cos nenos  as cacharelas , que é como chaman aquí as fogueiras de san Xoán, (nos de nenos chamabámoslles luminarias...)
O Val non daba crédito...ninguén pode saltar esa Cacharela!...Tiña razón...quedou mais tranquilo cando o lume foi baixando e os rapaces empezaron saltar de carrerilla...


Os últimos dias foron moi intensos para os nenos...Non tiven moito tempo de pasar por aquí...houbo torneos de baloncesto, concertos de clarinete  na praza do Toural... despedida de profes que se xubilan...festa de fin de curso...e as vacacións!...Os dous nenos pequenos volveran ó mesmo centro o curso que ven, pero o maior déixao para sempre...agora pasa ao instituto...palabras maiores!



Nesta escola pasou oito anos...aí esta a pequena horta e a ventá da súa clase de segundo, creo, agora nesa aula esta o seu irmán pequeno...Esta é unha escola moi pequeniña onde todos se coñecen...Ao neno chamoulle a atención unha vez que fora a xogar un partido a outro colexio que un profesor chamaba a un rapaz dicíndolle  ei,  neno! porque non sabía o seu nome...Aquí todos poden chamar a todos polo seu nome (mesmo polo seu alcume) ...En fin, remata unha etapa e empeza outra...

Vai moita calor, teño sede de mar...o verán xa está aquí, definitivamente... feliz dia de San Xoán!





No hay comentarios: