miércoles, 30 de junio de 2010

mail art

O ano pasado fomos, o Val e mais eu, a un obradoiro de arte postal, do que xa falara aquí, e hai un tempo o que fora o noso profe mandounos unha invitación para participar na convocatoria que co lema Senda esta a organizar en colaboración co CGAC ...fixérame moita ilusión, o mesmo que ao neno. 

O prazo para enviar as cartas remata o dia 10 de xullo, así que por unha vez chego a tempo...teño a teimuda costume de querer facer demasiadas cousas ó tempo para, ao final, non rematar nada  en forma  e prazo...

Enviei dous, unha  feita con pintura sobre a miña axenda do ano pasado, que despois fotocopiei sobre papel fotográfico A4, e á que puxe a dirección polo anverso, sen mais. Este é un detalle:


 E a outra é esta, que despois dobrei dándolle a  forma de sobre:



Esta é a pinta que tiñan polo anverso, xa listas para pórlles o selo:


Hoxe a mañán merquei o selo nun estanco e voteinas nun buzón amarelo, porque levalas a Correos dábame un pouco de corte. Agora o resto do traballo farano os funcionarios de correos (ou corrédevos, si usara un tradutor automático como o da Voz de Galicia), e as marcas da súa viaxe cara ó seu destino... que tampouco é que estea moi lonxe...

1 comentario:

Maria dijo...

¡Genial! Os han quedado de lo más inspirado...