viernes, 4 de junio de 2010

camisetas vellas

Nunha casa con tres nenos medrando xúntanse camisetas que van quedando pequenas a moreas  ...Sempre penso en facer algo con elas (por exemplo este mini quilt) pero chega un momento que non teño onde mais almacenar...así que ultimamente estou desfacéndome de toda a roupa que xa non serve sen mirar para ela, non vaia caer na tentación....Pero sempre hai polo medio algunha camiseta especial  coa que identificas tanto ao seu dono que parece que merece quedar na casa... A idea de facer  coxíns pareceume sinxela e  rápida... (coa máquina de coser falo nun plis plas)... e hai camisetas que merecen unha segunda oportunidade...


2 comentarios:

Maria dijo...

¡Ja, ja, jaaaa! ¡Qué idea tan buena! Hasta ahora las opciones eran: tirar a la basura o hacer trapos de limpieza...

Vera dijo...

boa ideia !