Fai moita calor......Temos folga de recollida do lixo vai xa para 10 dias e a rúa comeza cheirar...As plantas que teño na cociña están secas e cocidas...Tocaba xa darlle un repasiño ós nosos proxectos de hortas e plantacións ...agora é cando se agradece o verde e o frescor...
De momento, os únicos arranxos feitos foron quitarlle as follas secas as plantas que xa temos e cambialas de sitio (en realidade, todas os nosos proxectos decorativos consisten en trocar de sitio as cousas que xa temos)
Tamén á vista do éxito de produción das fabas de Eroski (que é case o único que logramos producir nesta especie de invernadoiro- forno que temos) imos seguir por aí, que medran axiña e teñen un verde moi bonito... O Val e o Miguel apuntáronse, como non, ao das fabas, e plantaron cadanseu a súa .Esta vez non son de Eroski, son marca El Hostal, a ver que tal ...
A idea de porlle o nome os tiestos foi do Val...desde que sabe escribir non para de facer etiquetas e deixar notas.....
No hay comentarios:
Publicar un comentario