Hoxe non puiden ir a RETO, e ademais os retos inversos os teño atascados, porque non é cuestión porse facer limpeza de primavera na casa xusto cando convocan unha folga de recollida de lixo e tes que sortear piquetes no punto limpo... Parece ser que a folga rematou, así que retomarei con mais bríos o tema... ainda que con esta calor que esta a facer volvinme un pouco preguiceira... De momento teño moitas cousas atrasadas, así que sigo cos RETOs 11 e 12, que vaan leeentos, moi leeentos...
Pintei a caixa (creo que era dun xamón) de branco e puxenlle unha bisagra hidraulica....Non sen como fixen, pero logo de montar a bisagra sobroume unha peza...Sen embargo, ir , vai ben....
Atopei esta lámpada no blog de Design Sponge é chulisima e deume unha idea ...teño que facer eu algo parecido, mais pequeno, con velcro branco...
A idea orixinal, segun conta Design Sponge é de Rachel O´Neill, ten outras tamén moi chulas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario