martes, 11 de mayo de 2010

efectos consonantes

O meu fillo maior faloume onte dun tal Nach , que é rapero, moi entusiasmado, e mostroume un video de youtube no que facía un xogo de letras, nunca mellor dito...Collía unha vogal e facía un Rap empregando somentes ese vogal en todas as palabras...Sei que o tipo é moi famoso, pero a verdade é que eu nunca oirá falar del... O neno, que ten 11 anos, dicíame, ves mamá, todas as palabras so teñen o a, e o que di ten sentido... e ademais non di tacos, vale,  so algún, pero a maioría son palabras de verdade... E ten outra de dificultade 8 ou 10, que somentes emprega o e...


A verdade  é que me gustou...Díxenlle ó neno, vale, vamos facer nos un xogo tamén...algo como fixo el...por exemplo vamos inventar a letra dun Rap no que todas as palabras comecen por P, ou por S, por exemplo, pode ser divertido...

Mamá -díxome o neno- ten que ser un Rap, non vale falar de flores e paxariños, xa sabes, son mais ben letras ...non sei ...non pegaría si o fas como un poema calquera...

Picada no meu amor propio, puxeme mans a obra, e aí vai o meu Rap, sen flores nin panxoliñas...( en castelan, que é como o escribí)

Efectos consonantes I. Nivel de dificultade 6.  Letra S

Solitarios sinpapeles sudan sabiendo su sangre sospechosa
Sapos sanguinarios seducen señoritas segregadas
Satanes sindicados sugieren soluciones sangrando siervos
Sotanas sibilantes salpican salvación sobre santificados sodomitas
Solos, sucios, sin socios, suplicamos saber sobrellevar sanciones seculares...

Supimos superar siglos sangrientos
sinembargo seguimos sometidos sojuzgados somnolientos...
Solitarias sirenas sin sentido surcando sueños
Si, sabremos seguir, surgiran sendas seguras
sobreviviremos, sentiremos, somos, seremos, seguiremos...

Xa sei que sin embargo (e sin papeles) vai separado, é unha pequena licencia rapera...

Hoxe é o meu cumpreanos...os nenos o o seu pai regalaronme esta fermosa ferramenta:

Agora si que necesito o taller, este é o comezo dunha nova era...

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Feliz Cumple!!!
Vai alugando un baixo...
pablo

Lucía dijo...

Feliz cumpreanos!
O Rap, total! Espero que pasara o control de calidade, meréceo.
O cepillo... faime tremolar un pouquiño.
Bicos e apertas a todos

Maria dijo...

¡Felicidades!
me ha encantado el rap (Narf tiene algunas canciones en galego con las mismas limitaciones; también la Psicofónica de Conxo, con letras de Pepe Sendón y/ó Carlos Santiago, son muy recomendables, pero para adultos) ...y suscribo absolutamente la necesidad de taller.

♥ meninheira ♥ dijo...

Os meus parabéns Esther! :)

O rap está xenial!! si é que vales para todo!! :O

O meu agasallo é un agasallo desta tenda: http://crankbunny.bigcartel.com/ mas non vexo o teu email por ningures arggggg

Esther dijo...

Ei, gracias a todas(Pablo, es minoría) ...
Meninheira o meu email é estherse@telefonica.net...agasallos e todo, carai...voume deitar cun sorriso de orella a orella...
Lucia un bico...temos que falar con mais tempo ti e mais eu...
Mara gracias polas referencias hei buscar eses nomes que dis, estoulle collendo gusto a rima...Despois da cea xa fixemos dous letras mais o neno e mais eu..carai estabamos en vea...

A Madriña dijo...

Parabens, estheRMaria..., xa escoito ao DoctorHarapos musicando o xenial rap !! ( demasiado para RM ?)
By the way...http://cousaspequenas.blogaliza.org/ (algunha relación ou teremos que activar ao noso departamento xurídico ?)
A Madriña Bless you All

esther dijo...

A verdade é que o meu Rap non ten moito ritmo de Rap...díxenlle o neno que o cantara coa gorra para atrás e movendo as mans e non fiaba ben, dixo que tiña palabras moi longas...

Por certo, nada que ver comigo o blog ese...pero con tantos millóns de galego-falantes (inclúo Portugal e Brasil...)non é raro repeti-lo nome...