Vendo o blog da Ervilha, que visito diariamente, souben da exposición co tema do Quilt no Victoria and Albert Museum e quedei tamén coas ganas de ir...
Hoxe ao vir de tomar un café atopei unha bolsiña na miña mesa precisamente do Victoria & Albert Museum, dentro tiña estes dous fat quarters tan bonitos...
O meu xefe, que estivo por Londres estes dias, foi ao Victoria & Albert, e vendo as telas que tiñan á venda lembrouse da miña tolería polos tecidos e tróuxome estas dúas monadas.... Canto gustei deste regalo! Moitísimas gracias Carlos!...Pregunteille si vira a exposición dos quilts, pero dixo que non, que foron ver unha de debuxos de Miguel Anxo...
E falando de quilts, hoxe chegou aquel que mercara en ebay, do que xa falara nalgún post. De momento está na habitación do neno maior para ver o efecto...
Gústame moitisimo, a North Dakota lady traballaba ben...Poño algúns detalles:
4 comentarios:
Que bonitos os tecidos!
Rosa! canta honra a túa visita... Son unha fiel seguidora túa desde hai anos...o teu blog e o teu traballo son unha continua fonte de inspiración para min...grazas
linda, la compraste en ebay ?
si, con esta busca en ebay.com: collectibles <linens & textiles (1930- now) < quilts
hai moitísimos, e a bo prezo, mesmo incluíndo os portes
Publicar un comentario