domingo, 7 de marzo de 2010

O reto dos sabados 7(II). O domingo

Onte viñeron xantar á casa Luís e Tere, Ana e Javier  e estivemos de sobremesa desde as tres da tarde ata as once e media da noite... Así que non pasei polo ordenador para poñe-lo reto deste sábado...

Como aínda non rematei o arranxo da cómoda do Reto pasado, vou darme unha prórroga, que este reto ben merece dúas semanas...Así que o meu Reto para esta semana é rematar o que empecei, que é precisamente o reto da miña vida enteira...

De momento así van os traballos:

Antes:

 
 Durante:



Aquí teño que facer a aclaración de que non poño traballar os nenos para que saian no blog, como bromeaban o outro día   nunha cea os amigos... A cousa mais ou menos funciona así:
Teño tres fillos: o P. (11 anos)  o V. (6 anos) e o M. (3 anos). Despois de comer, mais ou menos, as 3:45, eu collo o choio que quero facer e sen dicirlle nada a ninguén póñome  traballar... Os nenos están xogando ou facendo cada un o que lle peta... 

Si a cousa que vou facer implica tesoiras, cuter ou  ferramenta varia... canto mais cortante mellor,  (tamén si hai auga polo medio) fáltalle tempo ao V. para deixar o que está  facendo e vir correndo a ver  que estou a argallar... O M. como quedou sen compañeiro de xogo, ven tamén detrás do irmán. O P. xeralmente está xogando na Wii ou como se escriba, un xogo que ten de baloncesto, e mira polo rabiño do ollo, xeralmente ven cada certo tempo mirar de que vai o choio, pero despois vaise...ou non, depende.

O M. e o V., sen embargo, quedan comigo e repártense as tarefas de axudante... Neste caso concreto, o V. era encargado de lixar as chapas, ter ordenada a ferramenta e suxeitar a madeira cando tiña que serrar...o M. era o encargado de recoller as virutas cunha  basoiriña  pequena que temos...Isto lémbrame outra cousa que dixo o V. que me fixo gracia:

Como están a falar todo o rato e a preguntar...isto que é , agora que vas facer...  e rifando entre eles por ver quen  fai cada cousa, ao final póñenme a cabeza coma un bombo... Díxenlles: calade un pouco,  por Dios, hai que traballar en silencio, con un pouco de recollemento... Calaron un momento e enseguida dixo Val: o encargado do recollemento é Miguel, non eu... En fin, ao final tes que rir...

A dia de hoxe o choio esta,  mais ou menos, así:


No hay comentarios: