lunes, 1 de marzo de 2010

A colección dos luns



Unha parte da miña colección de cintas, tiras bordadas e pasamanería varia...Boa parte compreina aos poucos nunha mercería que había na rúa das Orfas que me tiña namorada...A tenda  ben podería ter mil anos e a velliña que a levaba tamén...Parecía sacada dun conto, pequeniña, encuruxada ,co nariz sempre colorado do frío, moi malhumorada...A vella non entendía  o de mercar  cousas para un  xa se verá, sen ter un destino concreto e medido para elas...Unha vez pedínlle metro e medio dunha cinta -por dicirlle algunha cifra-, e dixome -oh que magoa! so teño noventa centimetros! e eu contesteille -tanto me ten, levoa igual..Ela  miroume con desconfianza, como si a estivera a estafar...como si  o de merca-la cinta fora unha excusa para entrar na tenda, empurrala dentro e roubarlle todo...Se cadra ela veu a cobiza nos meus ollos, a mín o das telas e  materiais de costura antigos volveme tola...

Hai xa un ano o mais que esta merceria pechou a porta e non volveu abrir, nin como mercería nin como calquera outro negocio... Que foi de todas aquelas cintas, galóns e fíos tan antigos que tiña aquela muller?... E aqueles caixonciños de madeira de Fabra e Coats, de Gütermann, de DMC...canto daba por poder entrar e remexer naquelas caixas! As veces estiven tentada de deixar un papeliño por debaixo da porta dicindo, non o tiren!, interesame a mín! ...Un día, (esto que non saia de aquí ), mesmo fantaseei con colle-lo traspaso e darlle un ar novo ao negocio: ordenando as cousas, limpando un pouco,  poñendo unha boa luz na ventá que fai de escaparate e poñendo as miñas revistas xaponesas, estaba boa parte da renovación feita...Xa tiña pensada ata a decoración do escaparate...en fin...si esto non é tolería, non sei que outra cousa pode ser...

4 comentarios:

Os Tartarouchos dijo...

Pois aquí hai unha cordelería coa que eu teño os mesmos soños. A muller non é unha velliña, pero está maior, e o sitio é un verdadeiro caos, coido que nin ela sabe o que ten alí dentro (e entre cordeis e corchos vende queixos artesáns O.O), pero ten unha máxia especial, e eu penso moitas veces se pasarei algún día por alí e o verei pechado... e me vai dar mágoa non ter feito algo para evitalo...

esther dijo...

A verdade é que unha pena ver como pechan eses negocios...Hai pouco fun mercar algo nunha tenda de Vigo que coñecía de cando vivín alí e non a atopéi, dixeronme que pechara. Gustabame moito porque era unha boa tenda de droguería e material de belas artes...non era o mesmo caso destas tendas pequenas...de feito tiñan varios establecementos, Viso, chamábase... A mín parecíame que vendían moito ...que o negocio era próspero...pero pechou...
Despois pensei, se cadra dábanlles mais polo local que o que sacaban coa tenda...Non tardará en abrir naquel local inmenso unha tenda destas que son iguais aquí que en Tokio...É un mecanismo un pouco perverso este do mundo inmobiliario...

A Madriña dijo...

Dato Objetivo. Los de "Viso" (o por lo menos creo que algunos de los trabajadores) se fueron para una tienda ubicada en sótano enfrente del Ex Cine Fraga (r/ Uruguay).No es lo mismo, pero para una apaño bien vale.
PD. Por cierto, como va lo de la gestión del local de Esmelle para el concierto RM ?. No lo dejes, ahora o nunca.

esther dijo...

Home, que ben, hei de ir por alí...hai pouco quixen comprar para regalarlle aos nenos unha especie de cuter para linograbado, moi chulo, que eu comprara alí e non o atopei por ningunha parte...

O de Esmelle... hei de preguntar, cando vaia por alá...O que non teño de todo claro é que preguntar...