Onte estiven probando as acuarelas que lle regalaron a Pucho...Veñen nunha caixiña pequerrecha cun pinceliño de viaxe, como digo eu... xa levaba dias mirando para elas coma unha golosina... teñen tan boa pinta!
Teño unha libretiña na que penso facer cada día un apunte, calquera cousa...para ir collendo man...
Uninme tamén a un grupo de flickr que se chama Illustration friday. Cada venres dan unha palabra como tema e na semana seguinte podes subir unha ilustración referida a ese tema. A mi que me dean un tema motívame bastante, senón podo pasar horas mirando ó papel en branco, nin arre nin so...
2 comentarios:
Es unha artista (ou varias nunha :D)
gracias!
Publicar un comentario