Isto é o que trouxen de Reto esta mañá: un sombreiro chinés ( ou iso pareceume), un mapa de Europa, un libro vello titulado Tratado de Armonía e unha bandexa de madeira desas tan bonitas dos anos 50:
O lote completo custou 5 €
RETO 4. Despois
O Reto desta semana foi o das fotos e o arquivador. O arquivador pinteino e teñoo a secar. As fotos eran estas:
O único que fixen foi pegarlles os recortes dunhas mans, enmarcando algún elemento da paisaxe (e de paso, ocultando antenas de telefonía e torres eléctricas) ...
Así e como quedaron ao final, xa colocadas no seu sitio:
1 comentario:
De novo me deixas coa boca aberta!
Encantame como che quedaron, ainda que eu estivera un mes mirando que facer con esas fotos xamais se me ocurriria algo tan orixinal.
Publicar un comentario