Non foi quen o Xynthia de deixarme sen RETO...alá fun como todos os sábados, desafiando o temporal ... pero non trouxen nada... Así que chegou o tempo de atacar a miña querida cómoda dos anos 50, que teño na casa arrumbada sen arranxar dende polo menos hai 12 anos... A cómoda era dos meus sogros... Tiña a chapa aberta e medio solta , así que arrinqueina., tirando e tirando deixei a cómoda case nos osos a pobre... Nun momento tolo tinxín de amarelo os frontes dos caixóns... en fin, unha auténtica desfeita...Velaí está ,que bonita, mailo maltrato:
Este reto dáme un pouco de medo, non sei si serei quen de pensar que facer e facelo nunha semana...
O RETO 6, non ten moito que dicir, eran dúas enciclopedia, que están , xa limpas, nos correspondentes estantes...Poño algunhas imaxes delas:
En fin, a maña do sábado é sen dubida a nosa preferida, todos xuntiños, pero cada quen co seu, mesmo en pixama...
No hay comentarios:
Publicar un comentario