domingo, 7 de febrero de 2010

O reto dos sabados 4 (antes). O domingo.

Onte meu irmán reuniunos a toda a familia para ir comer un cocido a Lalín, así que non houbo tempo de ir a RETO pola mañá , como fago sempre ( vale, fun,  pero ás carreiras, e así non presta)...nin tampouco de marca-lo reto dos sábados desta semana... así que o fago hoxe.

Como non trouxen nada de RETO, tiro do lixo, e mira ti por onde, teño material fresquiño...

Esta vez non ven dereito do lixo, senón que foi interceptado no camiño...Os meus compañeiros de traballo de delineación queren reordenar a sala onde traballan que sei que non lles presta como está agora, e pasaron toda a semana a limpar e a se desfacer de trasgos... Cada media hora pasaba algún pola miña porta a face-la pregunta de rigor:   e isto o queres?  A miña fama recicladora estáche moi estendida...dinme conta cando vin a C. cuns embalaxes dos que veñen nas caixas dos ordenadores na miña porta  dicindo...Eu creo que isto non merece a pena, pero di o M. que te pregunte, porque aínda que parece porexpan pero non o é, e si o tocas xa ves que é un material diferente, moi duro... O caso é que o M. tiña razón e  apañei  o choio, pero non me atrevín a traelo aínda para a casa, o teño agochado debaixo da mesa do traballo, xunto cunha caixa chea de  cds inservibles que apañei da limpeza anterior...

A verdade é que logo de tanta trasfega de enriba abaixo, o venres subín a ver como ía o feng shui en delineación, e non vin moita diferencia, a verdade..., é había moito acumulado... Sei que esta fase  foi  soamente de eliminación de material vello e usado, a ver si cae algo a semana que ven que supoño que empezaran a mover mobles ...

Rexeitei, con mágoa, moreas de tapas de plástico e tubos de cartón dos rolos do papel de planos, porque (aínda) non teño un almacén onde metelos. Pero, case que de xeito simbólico, algo penisquei...Un arquivador vello, que non merece ir ó lixo, co todo o que traballou ata que chegou a informática, e unhas fotos pegadas a un cartón pluma que  chamaron a miña atención polo desaquelado dos lugares fotografados... Hei de preguntarlles de que eran...

O caso é que aí vai o reto desta semana, ver que fago con estas cousas. O lote completo 0 €:



Aproveito tamén e poño a foto dun  marco do reto da semana pasada, que non está no grupo cos outros, porque o adiquei a outra cousa e esquecín de poñelo o venres. Tiña unha tela vermella e  non tiña  o Moises do Pórtico da gloria,  que é o que rezaba,  a plaquiña que tiña pegada, aí vese a dereita da foto:

Así é como quedou:

 



Non podo resistirme tampouco a poñer algunha foto da excursión de onte, da que me chamaron a atención estes cochos, refírome aos de cores:

 
  
  


PD:  Carmen, está é a túa oportunidade, ou agora ou nunca,  sei que lees ata o final, así que manifestate e da tres golpeciños (toc, toc, toc) si é que estás ahí.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Toc, toc, toc. Son eu ¡alucinadiña me tes1

esther dijo...

ves que fácil era?