O luns estiven repasando os libros vellos de traballos manuais que teño na casa, e retomei o enganche que lles teño...Como o meu libro favorito, o do Papel é o tomo primeiro dunha serie, decidín lanzarme a ver si atopaba algún outro desa mesma colección... Ebay quedou mallada, pero podo asegurar que polo menos onte, non había ningún á venda de aquí a Singapur... ... é o que ten ebay, tes que estar ao que hai, non ao que ti queres...
Buscando buscando, primeiro pola referencia da editorial, que da a casualidade que en moitos dos libros trátase da editorial Bouret, fun dar con Iberlibro...e xa non saín de alí o resto da tarde....O paraiso do amante dos libros de vello! Xa teño dous en camiño...Estaban todos os que me gustan alí agochados!!! Mirade, mirade que maravillas:
Vale xa sei que as fotos son malas, son as que teñen na librería, pero pode un facerse unha idea...
E os titulos que teñen algúns, por Dios, que afán didactico:
1 comentario:
Ola
Podes mirar tamén en Hyperlibro: http://www.hiperlibro.net/ hai moito.
Unha aperta
Inma
Publicar un comentario