sábado, 16 de enero de 2010

O Reto dos sábados (antes) 1

Xa comentara moitas veces a miña adición ao rastreo, así que decidín iniciar outra sección oficial do blog, relacionada coas miñas visitas a RETO... unha desas tipo "antes e despois", tamén semanal, como a dos luns..... Non hai como ter unha estrutura e unha rutina para facilitar o traballo... Non é que considere escribir no blog un traballo, é mais ben un momento de disfrute e relax, pero ás veces son un tanto anárquica... así que convén poñer un pouco de orden nas miñas cousas... A verdade é que cada vez valoro mais a disciplina... será porque teño tres rapaces pequenos...

A ver, a idea é mostrar a cousa adquirida, tal e como ven de Reto (tamén vale do lixo ou da cuneta) o sábado, que é cando adoito ir de rastreo, e despois mostrala -na semana seguinte- xa arranxada e integrada na casa na súa posición definitivo-temporal. O "beneficio colateral" desta idea espero sexa non acumular trastos na casa pendentes de ser ubicados e ter os choios ao día... E tamén cortarme un pouco á hora de traer cousas a casa, agora que adquirín o compromiso de mostralas...e remata-lo traballo no prazo da semana... (será mellor darme 15 dias?).

Pode se-lo caso (raro) que non atope nada e volva á casa coas mans baleiras... Nese caso aproveitarei para por ao día cosas que xa teño doutras ocasións, collidas antes de empezar con este o meu...

RETO DOS SÁBADOS¡¡¡


Esta é a colleita do sábado 16 de xaneiro de 2010:

Un cabaliño de pau e trapo, dos giratutto (quen no necesita un giratutto- ou dous- na súa casa?), un estante de madeira e unha lampada ... Todo o lote, 10€

A ver que fago con todo iso...

No hay comentarios: