sábado, 23 de enero de 2010

O reto dos sabados 2. (Antes)

Hoxe estiven a piques de traer de RETO un moble dos anos 50 ao que teño votado o ollo doutras veces, pero, para iso, primeiro teño que facer sitio... (o camiño de RETO é de ida e volta, as veces tamén levo cousas para deixar alí...)

O caso é que hoxe volvín de RETO coas mans valeiras, así que podo adiantar choio atrasado. O reto para esta semana son estas caixas que atopei no lixo de camiño ó traballo hai dúas semanas, un día que choveu a mares ... Entrar con elas pingando, moi digna, no traballo, foi a parte mais difícil... O que resta por facer e ben doado...
O lote completo 0 €


Non podo deixar tampouco de dicir que a miña plantiña floreceu... Tenme abraiada, un día puxen nunha maceta unha faba pinta dun paquete de legumes que merquei en Eroski, a ver que pasaba, e iso é o que teño na casa... agora entendo o do conto das fabas máxicas....

Mira, aí está a faba:

No hay comentarios: