viernes, 22 de enero de 2010

O reto dos sábados, 1 (despois)

Ben, aquí está o reto do pasado sábado 16: Estante: No carto dos nenos, pintado de verde e cheo xa de chilindradas:
Giratutto nº 1: Debaixo do estante vermello, para poder xiralo a gusto do usuario. Este estante, por certo, tamén veu, no seu día, de RETO. Está tumbado para poder gardar os libros mais grandes e as caixas dos xogos de mesa.
Cabaliño de pau: Pois por aí anda, cada día nun sitio. Na foto anterior podese ver alí arrumbado nunha esquina.... A fin de contas, é para andar ó trote con él no? Giratutto nº 2: A procura da súa ubicación definitiva, hoxe debaixo dunha bandexa na cociña:
Lámpada: Pois non sei, votei a lavar a tela branca que tiña posta o mesmo sábado, e a día de hoxe, aínda non a atopei: ou está no burato negro dos calcetíns desparellos, ou dobrada na armario da roupa da casa, na pila dos panos...
Antes:
Estou moi contenta co traballo, mesmo fun quen de colgar o estante na parede sen andar pedindo axuda co taladro...

No hay comentarios: