lunes, 11 de enero de 2010

A colección dos luns


Proxecto: A colección dos luns.

Xa comentei algunha vez as miñas sospeitas de adoecer do síndrome de Dióxenes...Todo o gardo, todo me serve... ata as etiquetas da roupa (si son bonitas) . O conservo porque me gusta ou porque penso que podo darlle algunha utilidade algún dia ( e penso que é bonito) ou porque me lembra calquera cousa(e paréceme bonito) ...... que sei eu..

O caso e que levo anos acumulando moreas de cousas que gardo revoltas e misturadas, que cando as busco, xamais atopo, e que así amontoadas perden aquela chispa de interese que nun principio me incitou a conservalas...

Como tantas outras veces, ollando no flickr de Lisa Congdon, atopei inspiración para afrontar o tema e darlle sentido a todas esas pequenas cousas que fun xuntando cos anos, un traballo que tiña pendente dende hai tempo.

Neste blog explica ela o seu proxecto, dun xeito que subscribo e aplico integramente a esta miña primeira "Sección oficial" no meu blog. A única diferenza é que eu non penso debuxar nin pintar ningunha colección imaxinaria, limitandome a rexistrar aquelas cousas que teño na casa, e que o farei semanalmente e non diariamente ( non porque non teña cousas a moreas, senón porque sospeito que son mais preguiceira que ela).

Así, a partir de hoxe, e durante todo o ano, cada luns fotografarei unha das miñas coleccións (ou parte dela) de xeito que quede rexistrada nunha forma que me convenza, e teña senso para mí. Espero, como beneficio colateral deste rexistro, ser capaz de mante-lo orden e atopar un sitio na casa para cada colección , ou ben quedar mentalmente libre para desfacerme dela, de se-lo caso.

Pareceume boa idea comezar pola miña colección de entradas e demais merchandising dos concertos e outros eventos de Remolcamadriña, que fun conservando desde aquel memorable primeiro concerto... Non sei si están todas as que son, pero son todas as que están. Por certo, do último concerto non teño entrada houbo?

(Desta colección non penso desfacerme en ningún caso!)


2 comentarios:

A Madriña Asociados Ltd. dijo...

Impresionante...ata tes cousas que non teño eu !!!! ( non estarás a facer falso merchandaising de RM ?...je).
Non sei que decir, si noraboa u obrigado...as dúas por si acaso.
PD. Buscarei entre e o meu basureiro particular de Madriña, porque seguro que atopo algo que complete atúa colección...por exemplo do de "Paul".
A Madriña Bless you

Maria dijo...

Vaya, me voy a enganchar aún más (si cabe) a este blog...