Seguindo coa idea de encher de novo as bombillas, unha vez aprendida a forma de valeiralas, pensei neste adorno de Nadal... O caso é que agora ando escasa delas. Pásame como coas bolsas de plástico... na casa xa non teño reservas, acabei con todas, e hai tempo que xa non entra unha nova. Pois coas bombillas igual, xa son todas de baixo consumo...esta debe ser das últimas que quedan.
Outro adorno de balde son estas folerpas feitas con papel de periodico. É preocupante a miña afeción polo lixo o reciclaxe e o aproveitamento...será que son tacaña?
A idea, que collín de aquí, é coselas cun fio para facer unha guirlanda...A verdade é que teño a casa cheia de cousas pendurando...Mentras non impidan abri-la porta, como di o meu, vou tirando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario