martes, 17 de noviembre de 2009
Reto
Non paso unha semana sen ir. Aproveito os sábados pola mañá, que podo ir sola, porque os nenos non acaban de collerlle o puntiño ó asunto, para meu pesar. Creo que esta alfombra é o último que merquei... (si, pasou pola tinturería, mamá)
As tendas de segunda mano están a desaparecer da cidade... por que? non o sei, diríase que coa crise e co junkstyle ou o fleamarket tan de moda andarían a florecer, pero non...
O rastro de antigüidades que fan na zona vella non me convence, é como de anticuario para turistas...
So me queda Reto para ir osmar en persoa, ... e , ebay, claro, para osmar de xeito virtual...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario