viernes, 11 de septiembre de 2009

o primeiro día do resto da súa vida...

Chegou e pasou o temido día... Os dous maiores estaban desexando empezar de novo pero o mais pequeno... non o tiña tan claro. Ía ó cole por primeira vez e non participou da expectación dos outros os dias antes... Mostrabámoslle os libros e miraba para outro lado...Fixenlle unha bolsiña para a merenda que tampouco o ilusionou...Estaba preocupado... O caso é que quedei con el toda a hora...pegouse a min como unha lapa...Pouco a pouco foi tranquilizándose e ao final todo foi ben...Entrou a piques de chorar e asustado e saíu cun sorriso coma un sol... díxome que lle gustara a súa profe... En fin... foi un dia moi intenso... As telas de estampados floreados en rosas e laranxas que tanto me gustan non teñen moito predicamento entre os meus rapaces...así que para facer a bolsa probei con esta combinación, máis discreta: E aquí esta a bolsiña. Penso que quedou ben. Collín a idea do libro de Amy Karol "bend-the-rules sewing"... Por certo, publicou outro, que tamén quero mercar

1 comentario:

Anónimo dijo...

Vaia luxo! bolsinha persoalizada, nom terá queixa miguel.
Pau