O outro dia dime de conta que mentres outras casas son de estilo "retro"a nosa é estilo "reto"...empecei a xirar a cabeza pola sala e non atopei curruncho non que non houbera algo reciclado ou mercado en Reto ... O expositor de libros dos nenos, o espello que hai sobre o sofá,... ata as patas da mesa baixa, compreinas en Reto. A mesa propiamente dita era unha caixa dunha maqueta e foi interceptada de camiño ó lixo... Hai tempo que non me di nada ir as tendas de mobles decoración ou interiorismo, nin a IKEA, nin a sitios así... pero non hai dia que non teime por ir a chambos feiras e compravendas, mesmo o punto limpo municipal dáme mais morbo...¿que me pasa doutor?...
A miña fama de recicladora tola ten a súa compensación... unha compañeira de traballo (gracias Pepa) tróuxome o outro dia esta marabilla para ver si era quen de argallar algo que facer con ela...dis que ten moitisimas... son das bolas das camelias cando secan...na miña casa cando nena tiñamos camelios e non recordo ver nunca esa cousa tan bonita...como de pau...
Pasei toda a tarde dándolle voltas e probando ... de momento estou con ensaios técnicos de comportamento do material ao punzado, á quentura... e non din con nada agás o obvio (cortiñas de flecos, colares, e esas cousas ) pero en todo caso, simplemente así, para velas, xa son unha marabilla...
1 comentario:
E se as pegas polos laterais da túa mesa-caixamaquetera? Unhas do dereito, outras do revés... seguro que ca túa creatividade e boa man para as artes deixas unha mesa do máis bonito.
Publicar un comentario