viernes, 5 de junio de 2009

aprendendo dos erros

Sei que o dos terrarios foi un furor polos anos 60-70 nos estados unidos ... haiche un montón de libros desa época sobre o tema e estou xa trala pista dalgún deles para aprender un pouco mais sobre o tema... Porque unha cousa é a teoría e outra a práctica.... unha cousa é poñerse a montar terrarios como unha tola e outra ver como seguen un ou dous meses despois, refírome ós de ter tapados e autosostibles, por chamalos dalgún xeito... O que lle fixeramos a Ana, segundo conta o seu pai, esta dando problemas (leaves are caindo and becoming pochas, como diríamos no lenguaxe feixoada trilingual) ... Dos que teño en casa, que son mais pequeniños, dous están rufos como repolos, indo para riba que da gloria velos e outros dous, logo dun tempo estupendos, enchéronse de mofo, apamparon e houben de tirar con todo... Estes volvinos a facer, de momento, non podo asegurar nada sobre o seu futuro. A primeira conclusión á que cheguei é que antes de pecha-lo ecosistema, temos que asegurar que prendeu ben e está arraigado, doutro xeito é inútil, e telo na furna non fai mais que acelerar o proceso de liquidación...Polo tanto, si a idea é regalar algún, hai que facelo coa antelación suficiente para asegurarse de que vai ben, so risco de facer un regalo que lle apodreza ao destinatario nos morros, que parece mais ben que regalaches un mal de ollo. Tamén é necesario ventilar algo de cando en vez o receptáculo (cantos adolescentes non terán escoitado isto na boca da súa nai desde a porta do seu carto?) Outro problema, que me apuntou o meu irmán é a necesidade de esterilizar dalgún xeito o tranganillo... -Queres que ferva as plantas, ou!? díxenlle eu. Miroume coa cara que me poñen moitas veces meus irmáns, que ven sendo algo así como... pero esta lela, como chegou ata aquí? Vale, o que tiña que ferver é o recipiente e os monicreques de plástico que poño para darlle color ao asunto, ata aí chego, pero ... a terra?... tamén podería poñela no microondas, ou non? Claro que así pode que matara cousas de mais, bichos bos coma os dos iogures, que foran necesarios para a planta.... En fin, é de parvos estar dando tanto bombo á propia ignorancia, así que vou calar un pouco...
Por certo, Ana, Ramón... como vai a vosa desfeita... recupera ou xa non ten remedio?

3 comentarios:

♥ meninheira ♥ dijo...

hahahaha Esther, saíuche unha mensaxe ben divertida (a pesar dos apodrecementos).

Un biquiño :)

Anónimo dijo...

No remedio at all. É unha pity.

Imos intentarlo one more time. Iso de que estexan enraizadas before cerrar a caixa seems muy razonable.

Hey, last news!

Tenemos un cricket!

(ou si prefieres:)

We got a grilo!

Sounds güay!: "Got a grilo" (pronunciese con sotaque de Arkansas: go-ra-gri-lou)

La family medra!

Ramón

esther dijo...

por un momento crin que comprarades un terreo en Devonshire!
got a grilo, non é mala idea...
sinto o do terrario...