lunes, 11 de mayo de 2009

wardian case

Esta semana foi a primeira comunión da nosa querida Ana pequena... cavilando sobre que podiamos regalarlle nun dia tan sinalado, dimos coa idea de darlle un xardín de seu... Eu xa estivera dándolle voltas ao choio, despois de ver algúns destes fermosos terrarios e xardíns en botellas... Investigando o asunto, dimos con Nathaniel Ward, un botánico, penso que inglés, que en 1829, descobre, accidentalmente, que as plantas viven estupendamente nunha furna pechada, sen aportación exterior... Parece ser que a propia transpiaración das plantas e posterior condensación da auga nese recinto mantén nas condicións otimas de humidade o sistema... Este sería o terrario húmido, pero tamén pensamos no terrario seco, cunhas plantas crasas e a idea de crear un habitat para colocar nel, por exemplo, unha lagartixa ou unhas tartarugas ou que seu eu... Unha vez aceptada a idea polos rapaces, levounos o seu tempo atopar o recipente idoneo, (non o creredes, pero ...onde o atopamos finalmente?, exacto: en RETO) e mesmo as plantas... Nun viveiro de Montouto atopamos por fin a nosa alma xemelga, logo de visitar varias floristerias convencionais nas que nos aseguraron que era imposible que as plantas viviran nun recipente de cristal pechado e, mesmo nunha delas, nas que nunco ouviran falar das plantas crasas... En fin, unha vez mercado o recipiente e as prantiñas, aquí estamos a montar o tinglado: Este era o xardín húmido... Ao final puxemos un columpio na árbore, pero non temos foto deste último detaie... Así quedou o xardín das crasas... ten un ar xaponés... Este ao final non llo dimos, quedamonolo nos... No concurso gañou o xardín húmido En fin esta cousa dos minixardíns, realmente crea adición... nesta semana fixemos xa tres... con pouco gasto e traballo tes algo que merece a pena mirar... para os que non temos xardín de verdade nin tempo para coidalo...é un bó sustituto... Eu xa estou maquinando facer nas galerias da miña casa unha pequena horta urbán... Mano para as plantas non teño, pero moral...moral teño máis que o alcoiano, que non sei moi ben que é pero sei que tiña moita moral.

3 comentarios:

Tedhead dijo...

Felicidades ...puede ser hoy ????
PD. Sea o no, fue M. ,quien sea acordó...no yo
Pues eso...muchos más.
PD. Foxwirub (me encantan algunas de las palabras de verificacion)...

Anónimo dijo...

Hola Esther.
Me encantou o que me regalaches.
¿No xardin humido podo meter animais como lagartixas? Coloqueino xunto a ventä.Xa te enviare unha foto de onde o puxen.



ANA PEQUENA.

esther dijo...

Gracias!, si que é hoxe, o mesmo dia que Yeyi...

Ana, alégrome moitísimo que te gustara...vaia dia de emocións eh?

O dos animais non sei, seguro que os teus pais saben mellor que eu...o teu tio Mel falaba de por uns grilos...O lagarto penso que quere máis ben un habitat máis seco...Pero ti proba, malo será...

Sabes, pasámolo moi ben na túa festa...un bico de todos.