miércoles, 1 de abril de 2009

zakka

Pois xa están feitas. O exterior é denim o interior as mangas dunha camisa vella do pai é entremedias, a ropa interior vella de algodón dos nenos que xa non ten aproveito. Estou bastante contenta do resultado, aínda que finalmente o destinatario non gustou delas. Son clientes esixentes os nenos, e moi sinceros. Zakka é unha desas palabras xaponesas que veño de aprender... non sei exactamente cal sería a súa tradución pero a empregan para nomear todos eses traballos de costura e craft en xeral que fan eles, con pouco xénero ( xeralmente sobralles un fat quarter, outra palabra que teño aprendido) e que levan pouco tempo... Resulta que levo toda miña vida facendo zakka sin sabelo...eu chamaballes, simplemente chorradas... O dos ex-libris con gomas de borrar, que eu crin que se me ocurrera a mín (o que é a ignorancia...) pois é un lugar común, teñen milleiros de libros e revistas sobre as stamp eraser... en fin...descubri-lo zakka xaponés foi como chegar a miña propia casa... Lástima que non entenda nin xota dos libros xaponeses...menos mal que as ilustracións son bastante claras... Aquí está Val pintando unhas camisetas... Atopei un novo uso para ese vello bastidor de bordar que rescatei fai pouco da casa dos meus pais... En fin, un día máis zakkeando por aquí...

No hay comentarios: