Teño a intención de aprender a calcetar eses calcetíns para andar por casa que leva miña nai, sei que son moi doados de facer... (aínda que non entendín nada das explicacións que me deu a autora do choio)
Estes dias estivemos de romaría de aquí para alá...Visitamos a casa deTin, onde os nenos sempre flipan... Acuario, terrario, acuaterrario... Ten ademais o que chama a Pinoteca, a súa colección de seccións de troncos de arbores... A súa última adquisición é unha rodaxa dunha sequoia inmensa... Tamén ten craneos e demais osos de animais...insectos, mariposas... en fin, un auténtico museo de ciencias naturais...
En fin, uns dias tranquilos e familiares...
contentos de ter de novo en casa ao avó Valentín...
No hay comentarios:
Publicar un comentario