martes, 31 de marzo de 2009
papel e tela
Cantos nenos estarán hoxe no mundo facendo monecos con papel? curiosamente a filla de mi admirada e visitada ervillha tamén andaba na mesma ocupación que Val...
Eu por fin decidinme a empezar un proxecto que tiña en mente fai tempo...O primeiro foi descifrar as instruccións, ...Xa somos dous na casa que, por distintos motivos, estamos pensando en aprender xaponés. Eu por poder facer as cousas tan bonitas que traen as revistas xaponesas de costura e meu fillo maior porque é un fan de Naruto, e do manga en xeral...(foi el quen me explicou que sakura e a flor da cerdeira...)
Hoxe non puiden terminar, porque, unha vez máis, fallou a máquina de coser e tiven que facer todo a mano... senón houbera terminado nun plis-plas...
Aí vai o que xa teño feito, maña se podo, mostro o traballo rematado
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario