martes, 31 de marzo de 2009
papel e tela
viernes, 27 de marzo de 2009
hola!
Outra vez por aquí...logo de trece dias nos que houbo unha metade de vacacións e outra metade de uso xeneralizado do SERGAS, (gargantas e dedos infectados, alerxias, catarros, visitas hospitalarias...)



E outras cousas...
Non houbo tempo de facer moitas cousas, e nin sequera de querer facer, pero xa estamos de novo en pé...
O primeiro e dar noticias do acuario, que neste medio é onde o avó Pucho pode seguir o dia a dia dunha cousa na que participa tan activamente... aí van unhas imaxes das novas adquisicións, entre as que está o meu preferido, un estupendo Koi prateado, que é o xefe absoluto... Convén ver unha foto antiga do acuario para comparar a vexetación... esa elodea canadiensis vai acabar por saír do acuario...e enredarnos a todos mentres durmimos!
Cando un cambia de casa ten moita ilusión por ir montando as cousas, e ir dándolles xeito, pero chega un momento -normalmente en torno ós seis meses- no que pérdense folgos, e, pasas por diante de caixas sen desfacer e dos cadros sen colgar como si non os viras...
Nos estamos nese punto crítico... E iso non pode ser, así que embarquei nunha campaña de mobilización brico-decorativa sen precedentes: ... craso error. Non é un tema que apaixone por estes lares...
O meu primeiro obxectivo foi poñer as cortinas da sala (as outras), para o que previamente tiñamos que colocar a barra, así que fixen o que puiden, pero non me atrevín a darlle ó taladro subida nunha escaleira inestábel cos tres rapaces roldando por aí, así que deixei todo o tranganillo posto coa idea de camelar o meu home tan pronto chegara para que fixera el o choio.
O tal chegou, e foi a sala, pero si viu a barra das cortinas apoiada na escaleira como un cristo xacente non me dixo nada: como unha indirecta non o tomou. Foi a cociña a tomar un café, e eu pensei esta é a miña, desta cae, así que o seguín... Alí estaba, lendo o libro do McGee (volveu a recaer, xa contarei...)
Por sacar o tema e porque é unha dúbida real que eu tiña, pregunteille...
-Oes, ti sabes como vai isto dos parafusos? Por exemplo si tes un parafuso do 6, tes que mercar o taco do 7 ?, e a broca, xa eles saben o tes que calcular ti, por exemplo, o parafuso do 6 o taco do 7 e a broca do 8, por poñer un exemplo?
-Do 6 todo
-logo xa está calculado?
-Si, eles xa saben
-Pero o número entón que mide?, non é o calibre? Será distinto nunha cousa e noutra, no?
-Mide o tojino
-O que?
-A peza de metal da que sairá o parafuso
-Ahá, entón para poñer, por exemplo, as cortinas da sala, busco o taco do 6 para o parafuso do 6 no?
-Non
-Como no?
-O ladrillo español non admite tacos
Aí xa esfurriquei...A cosa ía estar máis dura do que eu pensara...
-Como que "o ladrillo español non admite tacos"? levo case corenta anos axudando ó meu pai, mira si non terá posto tacos...toda España ten cortinas e cadros nas paredes vasme dicir ti agora que non os poñen con tacos...
-Mal postos
-Pero home, como dis iso, por Dios...
-É un tema que teño moi estudado... O ladrillo español é diferente do británico ... e do europeo en xeral...Nos ladrillos perforados normais o oco (que é menor) énchese nas xuntas, para facilitar o agarre, no ladrillo español a cara da xunta é lisa o oco vai no outro senso, unha merda de suxeición... o caso e que si taladras unha parede de ladrillo non tes agarre, rompes a cedilla e quedas no ar... Non existe taco en España que estea ben suxeito... dígocho eu...Todas as fixacións están pensadas para o tabique de ladrillo normal, pero en España o ladrillo é diferente... os tacos non funcionan...non serven para nada...
Iso é o que ten estar casada cun corpus teoricus... Non tes forma de ganarlle o pulso cun razoamento...
A miña cara debeu ser de auténtica desesperanza, porque penso eu que o abrandei un pouco...
-Anda, vai ti buscar ó neno a inglés que xa te poño eu as cortinas, muller...
Xa na rúa, aínda recibín unha chamada
-Pero non me dixeras que o parafuso era do 6?
-No, home, no, era só un exemplo, non sei de que número é...
En fin...aquí está o documento gráfico de como, máis mal que ben, vaise tirando co taco no ladrillo español...pero sen garantías...
viernes, 13 de marzo de 2009
martes, 10 de marzo de 2009
filloas
O domingo tocou facer filloas, ou freixós como dicimos na miña terra. Non resultaron moi fotoxénicas pero estaban boas...
Pero o das filloas non é nada comparado co traballo deste chef... Os nenos da clase foron de excursión a escola de hostalería e cociñaron algunhas cousas que lles ensinou un cociñeiro.Fixeron pizza e tarta de améndoas, que trouxo para casa e xa comimos e estaba moi boa. Déronlles o gorro e o mandil...veu máis rufo con eles co Ferrán Adriá. Aí está, repasando as receitas.
Polo demais foi un fin de semana de pouco facer... Un paso máis na futura alfombra: unir as tiras en rolos máis grandes... Ao final, fallou a maquina de coser outra vez... terei que ir pensando en traer a que me regalou a miña tía...
Por certo, un saúdo e ó meu primeiro seguidor oficial rexistrado¡ Como vai todo Manuel?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)