Levo xa moito tempo apañando vaqueiros vellos coa idea de facer algún dia unha alfombra destas, e mesmo mercara un libro na internet sobre o tema: este. O caso e que andar pedindo e carrexando vaqueiros vellos de aquí para alá é a típica cousa que fai que o meu home me mire coma si tivera o síndrome de Dióxenes, e penso que non anda moi descamiñado.
O outro día, farta de andar tropezando cos pantalóns vaqueiros, decidinme a cortalos en tiras, que é o primeiro paso para facer a braided rug, que así é como a chaman. Aproveitei e rachei tamén unhas sabanas vellas de flanela , que non usamos porque nos daban moita calor.
Despois de tanto apañar, isto é o que quedou, case nada:
Dos pantalóns, so se aproveitan as pernas, así que coa parte de enriba, penso facer mandís de traballo para min e para os nenos, aproveitando os bos petos que teñen. Se chego alá xa se verá.
Penso que queda claro que a alfombra que está ao principio non a fixen eu, é unha foto sacada da internet. Non quero que me acusen de ir fachendando por aí das alfombras que fago, porque non fixen ningunha na miña vida. Logo a miña nai queda coa boca aberta coas miñas obras, porque non lee a letra pequena.
Tamén temos novidades no acuario. Xa están, desde antonte, os pececiños dentro. Ata agora todo vai ben, agás o desgusto de comprobar que dous viñan da tenda sen unha aleta. Sáltome o episodio de cando nos saíu mofo branco no tronco, porque, de verdade, xa dáme vergoña tanta nulidade pola nosa parte...
No hay comentarios:
Publicar un comentario